Observatorio de música en castellano 

www.decodificador.tk

Entrevistas



Fran está embarcado en un proyecto llamado Mundo Café para presentar sus composiciones por toda la Península

Fran Pérez (Narf): "Din que o meu estilo músical é inclasificable pero eu simplemente  intento facer boas cancións".

Fran cree que "a música é un medio natural de expresión para calquer persoa".

www.psicofonica.com/narf

Fran Pérez ha volteado su entusiasmo en un nuevo proyecto, que se llama Narf. Y ha descubierto que en el fondo del mar no hay goteras, que se puede trabajar con los principios de uno, contando con las colaboraciones de amigos de toda la vida (Pepe Sendrón, Marcos Teira y Toño Vázquez). Se ha percatado de que los proyectos colectivos cuando no rebuznan, cloquean. Así lo comprobó en Nicho Varullo, Os Kinindiolas, en la sala Nasa y en la Psicofónica de Conxo. Ha entendido que en la vida hay que hacer planes para algo más que para el pasado. Y su nueva etapa recoge toda su experiencia como gestor, actor, músico y compositor. Es modesto y jamás deja que el termómetro de la soberbia aflore por algún lugar de su lengua. Ahora ha hecho un proyecto a la grande que ha cristalizado en un disco que se grabó en directo en uno de los locales más emblemáticos de Compostela. Lo ha hecho a lo grande, porque su proyecto es ambicioso artísticamente pero muy controlado tanto en su planteamiento como en su ejecución. Ha perdido el miedo en un país donde sólo eres inocente mientras escuchas. Si hablas o escribes has cometido tu pecado original. Y eso es un ejercicio de valentía donde los palos en las ruedas es la moneda común de todos los días y donde en cualquier conversación la lluvia te puede sacar de la carretera en cualquier curva. Fran no sirve para encoñar esas opiniones recién salidas de los hornos de la conformidad, la mediocridad y la falta de sofisticación. Ni tampoco vale para estar detrás de un biombo siendo teledirigido por el mando a distancia de lo correcto. Artista inclasificable por su amplitud de registros, es el guitarrista con mejor pose que he visto sobre el escenario. Su relevancia y su talento están ahí, en su obra. Compositor autodidacta y artista polivalente Narf está presentando su proyecto con otros dos grandes músicos (Miquel Gil y J. Muguruza) por diferentes ciudades españolas. Como siempre me pasa con él, quiero ser como él pero mi falta de talento y de imaginación no dan para más que para observarlo sobre un escenario. Y cuando lo hago me siento tan pequeño, tan nimio, que me regodeo pensando que soy él, que algún día algo se me pegará. Y suelo ir al día siguiente a cualquier librería a comprar un libro de autoayuda para levantar mi autoestima. Y todo esto después de tantos años siguiéndolo....Joder, Fran, si sigues evolucionando de esta forma acabarás por hacerme desaparecer, algo que, a lo mejor, es lo que me merezco.....


I.S./P.R.
decodificador

Por ordenar un poco tu biografía, empiezas en Nicho Varullo, qué pasó con aquél proyecto? Por qué tan buenas críticas y prestigio no lograron sostener mediáticamente el proyecto? 

Os proxectos musicais que pretenden profesionalizarse necesitan todo un entorno que inclúe, entre outras cousas, grupos, prensa, público, infraestructuras, management, programadores, estudios de gravación , editoriais , distribuidoras e mercado. Con Nicho comenzamos un camiño de necesaria autosuficiencia e fundamos a nosa propia discográfica “Spectra” que editou dous discos ( Nicho e Río Bravo) e aínda produciu outros dous masters inéditos .(Nicho II e Kinindiolas), pero non conseguimos cubrir as outras partes da ecuación. Por aquel entonces Galicia aínda estaba moi carente de moitos de eses aspectos,  case igual que agora.


"Os proxectos musicais que pretenden profesionalizarse necesitan todo un entorno"


Qué pasó con Os Kinindiolas? 

Unha cousa similar, pois foron proxectos levados paralelamente. Ao comprobar que ter unha discográfica era insuficiente para mantelos, unimos os nosos intereses aos de Chévere e con eles  fundamos a NASA, para proporcionarnos as infraestructuras e acceder ao  público, non só para nós , senón para outros artistas que estaban na mesma situación.. O esforzo que supuxo sacar adiante un local como a NASA requeriu  de toda a nosa enerxía e dedicamos  a nosa forza creativa ao grupo Chévere, para fortalecer ao colectivo que tiña que soster a sala e a nós mesmos. Moitas propostas do panorama independente actual naceron alí ou tiveron  (e teñen) espacio para experimentar alí.

 

"Unimos os nosos intereses aos de Chévere e con eles  fundamos a NASA"



A este respecto, por qué crees que en Santiago nunca ha trascendido nada al resto del Estado? 

Como xa  dixen, seguimos moi carentes de varias das partes da ecuación da viabilidade. E non é unha responsabilidade exclusiva dos músicos. Somos un país rico en oportunidades perdidas.

 

"Somos un país rico en oportunidades perdidas"



Cómo valoras con el paso del tiempo aquella iniciativa del Rock-Parrulo?  

Unha vez máis,  aquel foi un intento pola nosa parte de suplir esas carencias e aportar aos grupos que empezaban , a pequena escala, toda esa experiencia. Facer concertos, ter presencia nos medios e gravar, editar e distribuir un single de cada grupo, demostrando así que o que non falta é o talento nin as ganas.  Foi na medida das nosas posibilidades, bastante modestas en canto aos medios, pero non en canto a ilusión. Algúns dos mozos de aqueles grupos son hoxe músicos profesionais de gran calidade, que milagrosamente consiguen gañarse a vida coa música. Estou feliz de terlles aportado algo. Ademáis, creo que todos os que participaron, aínda que non sigan na música hoxe en día, gardan unha lembranza positiva da aventura.



En ese sentido habría que hablar un poco de la importancia a nivel creativo de la NASA, de donde surges tu, no?

Por suposto. Xa foi inevitable mencionala nas respostas anteriores . Todo está relacionado. Non podíamos esperar a que o país mudara para seguir creando e aprendendo.Tiñamos que facer algo e fixémolo.



Tu en cierta medida también te desarrollas allí y recibes premios por tu época en Chévere y por espectáculos como “Río Bravo” y "Annus Horribilis"... cómo recuerda aquello? 

Con moito cariño. Foi a época en que máis centrado estiven no mundo teatral; eses premios supuxeron o recoñececemento e o ánimo de moitos compañeiros, o cal che da forzas para arriscar e tentar mellorar . Compuxen música sen parar. Aprendín moitas cousas durante ese período, non só da parte creativa senón tamén da parte  de xestión  do “negocio”.



Después llega tu ruptura con Chévere y con el entorno de la Nasa, qué paso?

O equilibrio entre crear e xestionar colectivamente é unha arte que non fomos capaces de dominar, e as esixencias da NASA eran cada vez maiores, pois tamén reclamaba o seu propio crecemento; así que algúns de nós optamos por deixar o proxecto e dedicarnos integramente á creación. Outros preferiron continuar ca sala,  e é gracias a eles que, afortunadamente,  aínda existe. Foi unha ruptura amistosa e as nosas boas relacións  mantéñense.

 

"O equilibrio entre crear e xestionar colectivamente é unha arte que non fomos capaces de dominar"


Quizá es por el carácter demasiado hermético que proyecto todo ese mundo al exterior?

Máis que hermético era absorbente, pola complexidade de facer moito con pouco e con moitos. Eu necesitaba aire fresco.


"Eu necesitaba aire fresco"


También trabajas mucho en Portugal, cómo surgen esos contactos?


A través dos intercambios que propiciamos cos  festivais de Portugalicia e tamén a través das actuacións que facíamos con Chévere en Portugal. Nunha ocasión encargáronme compoñer un par de cancións e deberon gustarlle bastante, porque dende entón veño facendo música alí. 


Y casi al tiempo pasas a ser miembro de “A Psicofónica de Conxo” con quién llevas dos discos, cómo surge ese proyecto y cómo valoras los dos discos que lleváis en el mercado? 

En realidade fundamos o grupo ao saír da NASA. Quixemos deixar un pouco atrás o tema do teatro e recuperar o fío que deixáramos con Nicho e Kinindiolas.Unha expresión máis orgánica e persoal. Recuperar a sensación que só o rock pode producir a través do idioma dos decibelios.

 

"Recuperar a sensación que só o rock pode producir a través do idioma dos decibelios"


Parece que el proyecto está en “pausa” en la actualidad, no?                                                         

Podería decirse que está en estado de ivernación. O traballo está ahí en forma de dous discos autoproducidos.. Temos outros proxectos  que agora reclaman toda a atención.


Tienes una gran cualidad, además de tu talento, habilidad y astucia como creador tienes una faceta muy destacable como actor. Sobre las tablas se te ve con muchísimos registros con una entrega, profesionalidad y solvencia difíciles de explicar y traer a unas líneas. Me acuerdo cuando trabajaba en prensa escrita que me quedé prendado de tu interpretación en una de aquellas ultranoites que hacíais. Aquella noche fue cuando verdaderamente me di cuenta de que estaba ante un gran artista y muy completo. No sé si te acuerdas de aquella columna...era yo entonces casi más alvitiano que otra cosa....aunque aquella noche me convertí al “Franperecismo”...hasta hoy.... Dejando detalles a un lado, Qué formación, qué referencias has tenido para llegar a ser un artista tan completo?

Creo que me ves con moi bos ollos, o cal che agradezo, pero eu non me considero tan completo e moito menos como actor. Nunca pretendín chamarme a mín mesmo actor porque non o son.Outra cousa é que tivese certa gracia facendo de cómico ou que me apañese  facendo teatro musical, porque me gusta cantar, pero nunca traballei esa faceta en serio, como fan os actores de verdade. Confórmome con tentar ser un bo músico o que xa me resulta bastante complicado. En xeral admiro a arte ben feita. Esas son as miñas referencias.Vou aprendendo polo camiño. Non ten máis misterio.

Por certo, sí que me lembro da columna no periódico,  chegou a ser todo un clásico para nós.



No sé que piensas tú pero en autodidactismo suele traer como consecuencia los grandes talentos, los grandes genios.... 

Non teño nen idea...habería que preguntarllo a algún deles.



También en el 2003 presentaste como compositor y director musical el CD-ROM “O Labirinto dos Soños” y su adaptación teatral en portugúes, cómo valoras la experiencia?  

Moi enriquecedora.Unha aventura no mundo da fantasía e da música orquestal por ordenador. Os nenos son capaces de relacionarse cunha obra musical sen prexuícios de ningún tipo e non importa o grado de complexidade sempre que esté ben feita e transmita as  emocións con claridade.

 

"Os nenos son capaces de relacionarse cunha obra musical sen prexuícios"

Actualmente sigues componiendo la música para la continuación de esa obra y otra serie de animación....Cúentanos algo más...

É un proxecto de longa distancia, pero non son obras diferentes. A serie de animación é un dos formatos que estamos tentando financiar. De momento temos material para editar un DVD. O mundo da animación é moi caro, e conseguir inversores é un proceso laborioso. Xa veremos como vai todo...

Fran acompañado por Teira y Sendón



Teatro, rock o teatro, rock y rock y teatro?  

Só que o que vexas  axude a escoitar e que o que escoites axude a ver.



Además de ser un gran músico eres un gran actor, un grandísimo actor diría yo, no crees que en realidad un buen músico tiene mucho de actor en el sentido de que tiene que transmitir interpretar lo que está diciendo.... 

Insisto, non é por falsa modestia, ou por levar a contraria. A realidade é que para ser un gran actor hai que traballar en serio e eu só tiven  experiencias relativamente breves. Dedico os meus esforzos á música. Co que sí concordo totalmente é ca idea de que fagas o que fagas, a clave do asunto é que consigas transmitir,  e ahí cada un ten a súa maneira. Eu non canto de un modo teatral senón con toda a sinxeleza que podo. Aplico a experiencia en palco para non ter medo de mostrarme tal e como eu son.


Fran, tu proyecto se llama Narf, es un intento de darle vuelta tanto a tu nombre como a la música, una forma de ir contra corriente?

Non exactamente. Para o nome utilicei o xogo do espello porque  pretendo que as cancións sexan un reflexo do que vivo e sinto, no momento no que estou. Creo que a música é un medio natural de expresión para calquer persoa. Algúns coñecen a técnica para producila e outros non, pero se non poden facela,  poden verse reflexados nela, iso é todo. Din que o meu estilo músical é inclasificable pero eu simplemente  intento facer boas cancións.



Cómo nace Narf, como un proyecto personal al que se unen dos músicos más o como un proyecto de tres? 

É un proxecto persoal  que poderá ter mil formaciós diferentes no futuro para complementar ao trío. Aínda que a música teña unha orixe persoal gústame compartila con outros , que a enriquecen e dotan ao traballo  doutros enfoques.


Narf é un proxecto persoal  que poderá ter mil formaciós diferentes no futuro para complementar ao trío


Marcos Teira uno de los mejores guitarristas de Galicia...cómo entras en contacto con él?

Conocino de chaval ( con 14 ou 15 anos) tocando nun instituto, nuha festa. Por entonces xa nos daba cen mil voltas coa guitarra. Despóis sempre encontramos motivo para algunha que outra colaboración esporádica, gravando algún tema etc. Incluso formou parte dos Kinindiolas na súa última época.



Pepe Sendón ya había trabajado contigo en Os Kinindiola, Nicho, etc., es como tu “alter ego”, no?

Escribimos ducias de cancións , colaboramos en  grupos, unha sala,  unha discográfica, una expo, dúas óperas de peto,  varios cortos de debuxos animados... Todo tipo de espectáculos.  E continuamos .


El disco fue el resultado de dos conciertos los días 21 e 22 de xullo de 2003 en A Borriquita de Belén (un pub clásico de jazz en Compostela). Cómo surge esa idea? No hubiera sido mejor grabarlos en un estudio?

Tendo en conta que a propoposta era precisamente  ofrecer un producto “sen trampa nen cartón” pareceunos que o máis indicado era gravar en directo. Por outro lado, ao ser un proxecto descoñecido eu quería un disco que mostrase a público e programadores o que se podía esperar dun concerto de Narf.

 

El productor fue Toño Vázquez, quien es? 

Outro dos meus colaboradores máis próximos dende os tempos de Spectra. É un dos productores máis prestixiosos de Galicia  e un mestre  do son en directo debido a súa dilatada experiencia. Cando entramos nun estudio ou nun concerto cada un de nós sabe exactamente cál é o seu papel e creo que formamos un bo equipo porque él, como productor,  sempre acompaña os proxectos dende a súa xénese.


El disco fue editado por ChangüíKachetNordesía y se vende en bares de Santiago, Vigo y Coruña, cómo ha ido la venta?

Efectivamente é unha distribución peculiar e nunca iríamos falar de grandes cifras ; así e todo , o disco vaise vendendo , e está a ter moi boa acollida pola critica . Tamén se vende  ben nos concertos.



Cómo ha ido la defensa en directo del proyecto?

Está en marcha. A partir de maio faremos unha xira por algunhas cidades de España nun espectáculo conxunto co artista  vasco Javier Muguruza e o valenciano Miquel Gil. O espectáculo chámase Mundo Café. 

Tamén estou probando  novas cancións nun formato en solitario por  bares e salas de Galicia.


Eres uno de los guitarristas más elegantes que he visto sobre el escenario, responde a una idea plástica previa o es innato?

Non son un instrumentista técnico. Procuro tocar a guitarra ao meu xeito. Non é algo calculado.

"Procuro tocar a guitarra ao meu xeito"


Me has comentado que has estado en diferentes escenarios de País Vasco y Cataluña...Se puede hacer un circuito entre las tres Comunidades?

Debín explicarme mal na conversa porque eses escenarios son os que iremos visitar con Mundo Café.  Tamén estaremos en  Madrid, Murcia, Valencia etc.

En realidade o proxecto é un empeño de tres productoras  das tres comunidades (Nordesía é a galega) para sentar as bases dun circuito desas características.



La apuesta es volver a un sonido sencillo con tu guitarra y voz, la flamenca de Teira y las percuisoens de Sendón.. Es un el principio de un ciclo, volver a la desnudez después de ciclos demasiado manietistas? 

Seguramente.


La letras están escritas en colaboración (algunas) con Sendón y música está escrita por ti, tanto te cuestan las letras?

Sí. Como letrista estou en fase experimental¸ aínda que me sinto cómodo encontrando unha voz propia. Por outro lado disfruto moito poñendolle música ás palabras de outros autores se teñen que ver co que eu sinto.


"Disfruto moito poñendolle música ás palabras de outros autores se teñen que ver co que eu sinto"


Hay una clara influencia rock muy presente en temas NOVA ORDE, PODE, DANDO, POUCO LLE FALTOU, es una constantes en tu obra desde siempre. Un elemento siempre presente: el maldito rock...Lo sigues escuchando? 

Gustame o carácter enérxico do rock  e tamén o son . Creo que pode combinar moi ben ca dozura de outras linguaxes máis melódicas.



Por qué no trasciende más a los medios propuestas como las tuyas y se quedan en pequeños círculos...es increible como un artista considerado sobresalientamente en Galicia y muy considerado en Portugal no sea conocido por un gallego medio, no crees?

Ese traballo está por facer . Eu non me sinto no final dun camiño senón , máis ben no principio dun novo. Por iso estou tocando tamén en solitario polos bares.Gústame cantarlle as miñas cancións á xente.

Gústame cantarlle as miñas cancións á xente



En el tema MALDICIÓN parece que recurres a describir el mar y sus circunstancias con la mirada de los grandes poetas gallegos (Manoel Antonio...), te sientes muy cerca del mar? El mar es bonito pero es traidor, supongo que es la atracción de misterio, ese misterio tan gallego, no? 

Esa canción fala do prestige aínda que non explícitamente, e nese asunto o mar non foi traidor en absoluto. En cambio él sí que foi traicionado por algúns. Escribímos a letra  Pepe e eu, e é puro sentimento. Non sei se coincide ca mirada dos grandes poetas ; eu só quería cantar sobre iso para quitarme a angustia do corpo e da alma.



Las letras están liberadas de tópicos como chico-chica pero está presente un gran dominio del lenguaje que se puede ver en las metáforas y ritmas...Estás de acuerdo?

Xa comentaba antes que no tema das  letras estou experimentando.. Unha boa música pode potenciar a forza dunha frase. Iso aprendino poñendo música a textos de letristas consumados. Se algunha virtude teñen as miñas letras será a de ser cantables. Agora, no disco hai cancións con  poemas  moi poderosos   como o  “Ser e Triunfar” de don Xosé Velo ou  o soneto “Erros Meus”   de Luis De  Camôes, por exemplo.


Unha boa música pode potenciar a forza dunha frase


También está muy bien que las letras sean en gallego porque dignifica muy bien el idioma hacer un trabajo tan serio con él, al contrario de proyectos como el brabú que lo usaba como un instrumento para unos fines determinados.....  

Eu non comparto esa visión. Sería unha lástima que esa fose a imaxe que pasou ao exterior. Conozo a moitos músicos do brabú e non me parece que ningún deles quixera facer un traballo que non fose serio. Creo que buscaban honestamente a mellor maneira  de  poder seguir adiante nun país difícil, por non dicir imposible, cantando en galego.



También hay retazos de opera rock, cristalizará ese proyecto? 

Tal vez no futuro. Un proxecto de ese tipo implica unha producción que está totalmente fora do meu alcance neste momento.



Cuáles son tus proyectos musicales inmediatos?

Un par de bandas sonoras para Teatro en Portugal . Un pouco máis adiante  pensar na producción dun segundo disco. Xa estou probando cancións novas no directo.



Cómo ves el panorama rock gallego después de la quiebra (por derribo) tanto del centro vigués como del centro atlántico.. Hay vida más allá de esos dos polos?

Polo que teño observado neste anos a cousa parece moverse  por ciclos. Estou convencido de que neste mesmo momento hai moitos mozos e mozas  en toda Galicia que están enchufando a guitarra ao amplificador. Outra cousa distinta é que cando teñan a banda montada vaian  tropezar cun muro físico e mental que aínda non conseguimos superar.



Qué te interesa de nuestra tierra? Y del panorama español? 

As potencialidades da mirada dos galegos sobre o mundo. Que poidan saír á superficie. Hai moitos artistas novos desexando participar co seu traballo dunha búsqueda  aberta, natural e libre  e tamén outros non tan novos . En realidade, calquera que procure  maneiras de entender e entenderse nestes tempos tan extraños interésame, sexa galego, español ou chinés.



No crees que ahora los circuitos creativos son los pequeños, formados alrededor de artistas y gente en cierta medida amateurs que sacan adelante sus proyectos con bares, autoproduciéndose, etc.?

Eso creo.



Te gustaría dar el salto con una discográfica más grande con una promoción fuerte? 

Todo depende do respeito mutuo.



Has intentado la TV?
 

Non.



Cómo ves el mundo de Internet y de la información musical por este medio?

O mundo da informática e da internet abriu para os músicos posibilidades que non podíamos nen soñar fai uns anos. Avanza a velocidade arrolladora e por iso ten aínda moitas contradiccións e resultados a longo prazo imprevisibles pola industria da música, que se sinte amenazada. Pero todo se estabilizará cando comprendamos o auténtico alcance das mudanzas. Teremos que aprender a reformular o sentido e o valor de algunhas cousas ( e tamén o precio).


Teremos que aprender a reformular o sentido e o valor de algunhas cousas


Qué opinas del problema de la piratería, la huelga de Miguel Ríos y la SGAE?

Miguel Ríos é un músico que merece todo o meu respeito.

Estou en contra de calquera que se aproveite do traballo dos demáis  e dos explotadores do negocio da piratería. Pero creo que o problema e un síntoma de que a nosa maneira de entender o mercado ate hoxe xa non é válida cas novas circunstancias. Cando se inventou o disco gramofónico o impacto sobre o mundo das orquestas e músicos de toda condición foi tremendo e imparable.. Moitos perderon o seu traballo porque xa se podía facer un baile sen músicos, por exemplo. A realidade mudou, pero a longo prazo o que se produciu foi un aumento incalculábel de consumidores de música e o nacemento dunha nova industria que leva dando traballo a moita xente en todo o mundo durante décadas. Non sei, non son un teórico nin me corresponde a mín resolver estas cuestións, pero creo que habería que analizar o asunto con certa perspectiva.

 

Estou en contra de calquera que se aproveite do traballo dos demáis



Te proponemos públicamente un intercambio de links con tu página de la psicofónica, podrá ser?

Poderá ser.



Eres un artista comprometido social y políticamente? 

¿ A tí que che parece despóis do que acabamos de falar?

Claro que hai maneiras de entender os compromisos. A mín non me interesa  o xogo da “política verbal” porque creo que  é unha profesión  na que debe ser difícil ser honesto e  na que ademáis, para ser mínimamente serio, requirese unha formación humana, social, económica, histórica etc que debería esixirse a  todo  político, e da que eu, dende logo, carezco. Preocupame bastante máis o que fan que o que dín que fan.

Por outra banda, non hai dúbida  de que todo acto de comunicación ten unha dimensión política, pero de outra forma. O meu compromiso queda plasmado de modo evidente, creo eu,  na miña traxectoria  vital e tamén nas cancións, que é a maneira en que podo aportar algo de valor.

 

"O meu compromiso queda plasmado de modo evidente, creo eu,  na miña traxectoria  vital e tamén nas cancións"



Fran, leyendo tu currículum me sigues acomplejando. Sólo tres años más que yo y tanta sapiencia, talento y desenvolvimiento. Cómo puedo hacer para contagiarme de una millonésima parte de ello? 

Nunha canción da psicofónica ( “Merengue”) cantamos : “ lendo o meu currículo síntome ridículo”.
 


Cuestionario:

Un libro: Por exemplo As viaxes de Gulliver de Swift

Un actor: Harpo Marx

Una obra compuesta por ti? Aínda non compuxen a miña obra favorita.

Una canción compuesta por ti? Exactamente o mesmo.

Un compañero? Varios.

Un periodista? Ningún predilecto

Una canción?. Moitas, por favor.

 

 

Volver