segundo o embuste xenérico - obvio- no proceso de axuste ao horario de inverno -e por suposto ao consecuente horario de verán- o aforro enerxético calculase ao arredor dun 5% - o que seguro é unha cifra que as compañías eléctricas, sociedades e outros axentes implicados na comercialización enerxética deben agradecer.
nada se fala das molestias, desaxustes e trastornos que sofren moitos cidadáns, nin no custe na produtividade e na saúde que se infire dese malestar xeral que moitos sufrimos cando – a falta doutra solución mellor- debemos atrasar ou adiantar unha hora tamén o noso relo biolóxico.